Detalla os principios reitores da Acción Exterior de Cataluña, sinalando que a mesma responde a unha demanda da sociedade civil catalá por inserirse nos foros internacionais a través dunha diplomacia multilateral e multinivel. Como ferramentas chave desta estratexia destacan a Lei de Acción Exterior; as oficinas de Acció, centradas na promoción económica e industrial, o DiploCat ou Servizo de Diplomacia Pública de Cataluña, as Comunidades Cataláns no Exterior, a Rede de Lectorados cataláns e, principalmente, a proxección internacional de Barcelona, tanto no seu ámbito euromediterráneo como de representacións consulares e de organismos internacionais. Defende unha maior coherencia e integración de políticas pú- blicas por parte da Generalitat de Cataluña, así como a maior profesionalización e eficiencia desta acción exterior.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados