A autora avoga polo fortalecemento dunha proposta de “marca-Galicia”que permita crear un proxecto empresarial, comercial, académico e cultural institucionalmente sostido no tempo, invulnerable ás cuestións derivadas da alternancia política. Neste apartado, reflexiona sobre a necesidade de aproveitar o que denomina o “capital relacional”, plasmado nunha nova emigración de mozos con elevado nivel cualificativo, matriz de concreción dun lobby imprescindible para fomentar esta “marca-Galicia” en diversos ámbitos: identitario, cultural, social, empresarial e de influencia política e financeira.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados