A pesar de posuír unha envexábel posición xeopolítica con notable presenza internacional, a acción exterior de Galicia a penas conta para o servizo exterior do Estado español, tanto na promoción empresarial como cultural. O autor reflexiona sobre os eixes prioritarios dunha acción exterior galega que se viu severamente danada polas estratexias do goberno de Núñez Feijoo desde 2009 e pola recentralización estatal a través da Lei de Servizo Exterior español de 2014. Neste sentido, argumenta como escenarios estratéxicos e prioritarios de actuación para a acción exterior galega a súa diáspora, a lusofonía, a América hispana, a Europa costeira occidental (Noruega, Irlanda, Islandia, Escocia, Gales, as autoridades locais inglesas, Bretaña, Flandres, Benelux) e o Afastado Oriente (China, Xapón, Corea)
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados