Galicia necesita dunha estratexia clara e decidida en relación a China. Ver a China como unha oportunidade en vez de como unha ameaza é un paso importante para definir a nosa acción exterior nese país. No plano económico, Galicia soporta un claro déficit comercial con China. Se ben aumentou o número de empresas exportadoras a este país nos últimos anos, o valor das importacións con orixe en China continúan a ser moi elevada. A diversificación, a busca de novos mercados internos e o incremento da presenza galega no país son esenciais para subsanar esta situación.
Igualmente, cómpre afondar no coñecemento sobre China en Galicia. A difusión de información por parte de expertos, universidades e centros de investigación debe ter un maior peso. Galicia poderiase constituir nunha ponte entre América Latina e China (mediante Macao) en Europa. Precisanse vontade política, espirito empresarial e actitude colaboradora.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados