Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A prensa e a edición de libros na emigración galega en América: Apuntamentos para a súa historia

Prudencio Viveiro Mogo

  • galego

    Desde finais do século XIX milleiros de galegos e galegas emigraron a América, sobre todo a Cuba e a Arxentina. A emigración americana condicionaría notabelmente a evolución da Galiza contemporánea. Adóitase vincular esta emigración a uns factores eminentemente económicos, pero a súa importancia motivou que as influencias se estenderan aos ámbitos político e cultural. Neste segundo temos que ter en conta que a emigración contribuíu a atallar eivas existentes en Galiza. Do mesmo xeito que no ámbito do ensino, a influencia da emigración foi decisiva na edición do libro galego e na creación dunha prensa étnica nas colectividades emigradas. Neste traballo realizamos unha aproximación aos principais fitos da edición de libros por parte da emigración galega, así como a súa influencia na edición na propia Galiza. Relacionado co anterior, destacamos a fundación de numerosas cabeceiras de xornais, que reducían para os emigrantes as distancias coas súas localidades natais. As principais empresas culturais e os seus protagonistas serán os obxectivos da nosa análise.

  • English

    Since the late nineteenth century, a large number of Galicians migrated to América, especially to Cuba and Argentina, a process which conditioned significantly the evolution of contemporary Galicia. These migration flows have been traditionally associated with economic factors; however their importance was such that they also influenced the political and social spheres. Like in education, emigration to America helped to overcome Galicia's cultural shortcomings, being crucial in book and newspaper publishing within the Galician migrant communities. It is our aim to survey the main features of publishing within the Galaician Diaspora in America, and ist influence in publishing in Galicia. We have focused on the most important cultural projects and enterprises, and their leading figures, and paid particular attention to the creation of many newspapers which reduced the distance to the migrants' hometowns.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus