Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Iniciativas de educación para a igualdade na administración local: unha análise dos plans de igualdade municipais

    1. [1] Universidade de Santiago de Compostela

      Universidade de Santiago de Compostela

      Santiago de Compostela, España

  • Localización: Innovación educativa, ISSN 1130-8656, Nº 26, 2016, págs. 201-214
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A igualdade plena entre mulleres e homes constitúe na actualidade un dos retos pendentes por resolver nas sociedades, aínda sen esquecer o visible avance logrado nos últimos anos na loita pola erradicación da desigualdade de xénero. Neste contexto, é innegable a necesidade de impulsar novas medidas para facer efectiva a equidade, dentro das cales a educación debe ser considerada unha ferramenta indispensable.

      O obxectivo deste traballo é explorar as iniciativas de educación para a igualdade contempladas nunha mostra de vinteún plans de igualdade municipais de diferentes concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, seleccionados aleatoriamente. Para isto, procedeuse a realizar unha análise documental dos mesmos, centrada nas estratexias de coeducación e dirixidas fundamentalmente á poboación escolar. Entre as liñas de traballo prioritarias destacan a organización de obradoiros e accións formativas nos centros educativos sobre diversas temáticas vinculadas á igualdade de xénero, a proposta de iniciativas encamiñadas a implicar ás familias na coeducación, a dotación de fondos bibliográficos e o fomento da lectura en materia de igualdade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno