Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


E ti…, educas ou coeducas?: unha ollada pedagóxica dende un proxecto integrador

    1. [1] Universidade de Santiago de Compostela

      Universidade de Santiago de Compostela

      Santiago de Compostela, España

    2. [2] C.E.I.P. O Piñeiriño (Vilagarcía de Arousa)
  • Localización: Innovación educativa, ISSN 1130-8656, Nº 26, 2016, págs. 167-180
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A coeducación é un proceso de intervención social e educativa cun carácter proxectado ao logro dun desenvolvemento integral dos suxeitos, tendo presente a coexistencia de dous sexos diferentes non enfrontados e que comparten unha mesma construción social, educativa e persoal. Dende esta perspectiva, a escola de hoxe en día ten a obriga de renovarse e dar respostas as novas necesidades e requerimentos de igualdade, respecto e liberdade entre homes e mulleres demandados polas nosas comunidades socioeducativas.

      O traballo que se presenta acontinuación recolle a experiencia vivida nun centro semiurbano de Vilagarcía de Arousa, o CEIP “O Piñeiriño”, a través dun proxecto coeducativo para todos os nenos e nenas dá etapa de educación Infantil e Primaria (3-12 anos). O motivo fundamental que suscitou o desenvolvemento de dito proxecto foi a necesidade de traballar, de xeito organizado e sistemático, aqueles aspectos que favorecen o respecto e a colaboración entre os dous sexos para conseguir unha sociedade mais igualitaria e xusta. Paro o logro de tal fin se diseñaron dous proxectos cunha duración de 3 anos, “Entre tod@s” e “Contando con elas”, nos que participou todo o centro. Os seus obxectivos principais foron:

      Modificar estereotipos masculinos e femininos.

      Sensibilizar ao alumando cara a corresponsabilidade nas tarefas domésticas O artigo dá comezo ca descrición de cómo naceu unha idea que foi madurando a través dá contorna e dá historia do mesmo CEIP “O Piñeiriño”; de cómo todo o equipo docente se plantexou que o colexio é de todos e de todas (organización de espazos); de cómo se deron conta de que todos e todas poden facer de todo e traballar en equipo (organización de tarefas) e de cómo se percataron de que todos e todas deben colaborar e compartir esta idea, pois a Paz e a Igualdade se teñen que construír día a día.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno