Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A linguaxe como medio de violencia simbólica no deporte

  • Autores: Cristina López Villar, Andrea Pérez, Noelia Diéguez, Marina Castro García, Lara Carballo, Fátima Campaña
  • Localización: Roles de xénero nun mundo globalizado / Ana Jesús López Díaz (ed. lit.), Anabel González Penín (ed. lit.), Eva Aguayo Lorenzo (ed. lit.), 2014, ISBN 978-84-9749-599-8, págs. 225-233
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • En todas as sociedades machistas a linguaxe ten un papel fundamental na discriminación das mulleres, configurándose como un instrumento de dominación e lexitimador da violencia simbólica.

      O obxectivo deste estudo foi analizar se as estudantes de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña reciben frases ao longo da súa carreira deportiva que reflicten a dominación e reprodución dun modelo social discriminatorio.

      A metodoloxía empregada inscríbese baixo o paradigma cualitativo e feminista, facendo uso da análise de contido como técnica de investigación. Para a recompilación de datos empregouse unha ficha de rexistro anecdótico que se aplicou a corenta alumnas e un grupo de discusión con cinco estudantes.

      Os resultados permítennos concluír que a linguaxe é un medio máis de violencia simbólica no deporte, que perpetúa un sistema de dominación masculina a través da transmisión dunha visión de inferioridade das mulleres, que menospreza a súa práctica e establece como ideal o deporte masculino. Non se acepta que unha muller poida ser superior a un home en situacións deportivas mixtas e danse casos nos que, a través da linguaxe, se chega a incitar á violencia física e sexual.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno