Isidro Parga Pondal foi unha das figuras máis destacadas da Ciencia galega. Os seus traballos como xeoquímico na Universidade de Santiago e como xeólogo no Laboratorio Xeolóxico de Laxe permitiron un grande avance no coñecemento da xeoloxía de Galicia. A súa vida constitúe un caso especial dentro dos profesores expulsados da Universidade a comezos do ano 1936, ao conseguir proseguir as súas actividades investigadoras fora desa institución.
Grazas a diverso material epistolar entre Parga e o profesor suízo Conrad Burri, conservado no Arquivo do Laboratorio Xeolóxico de Laxe, podemos profundar en varios aspectos interesantes da vida investigadora de Don Isidro.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados