A acción exterior do actor rexional, así como dos gobernos non centrais en xeral, debe situarse no contexto xeral dos cambios políticos derivados da globalización, a rexionalización intraestatal, a interdependencia, a propia crise da institución estatal, así como da urxencia dun sistema de gobernanza global. Considerando tanto as razóns e fundamentos da acción exterior rexional como o contido material da mesma e o seu ámbito de despregue internacional, resulta comprensible xa non só o desexo e a necesidade senón tamén a lexitimidade das autoridades rexionais e locais de dispoñer desta capacidade e empoderamento exterior.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados