Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Galeguismo e catolicismo: Vicente Risco en Euzkadi (1930-1933)

Joaquim Ventura

  • Nos seus escritos sobre nacionalismo galego, Vicente Risco non tratou o asunto do problema relixioso ou do conflito entre laicismo e confesionalismo. Sen embargo, a súa colaboración en Euzkadi, o xornal do PNV, entre abril de 1930 e outubro de 1933, deulle a oportunidade (case por obriga ambiental) de abordar a súa opinión sobre a situación do catolicismo e a súa relación coa política, xa fose coas dereitas españolas, xa co galeguismo. En comparación cos seus escritos políticos, os xuízos de Risco en Euzkadi son ecuánimes, asisados. Incluso demostran o seu coñecemento da obra dos mellores escritores católicos europeos do momento. Estas circunstancias responderían, moi probablemente, por unha banda á seriedade formal e ideolóxica do xornal vasco, na cal non caberían veleidades teosofistas ou orientalistas; por outra, á vontade de mostrar que o galeguismo político –do cal se sentiría representante- tamén participaba de tal formalidade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus