Ayuda
Ir al contenido

Resumen de O “real histórico” ao servizo da ficción. Usos da Historia e da realidade en Resistencia, de Rosa Aneiros

Diego Rivadulla Costa

  • Rosa Aneiros é, desde a publicación de Resistencia no ano 2002, unha escritora consolidada no sistema literario galego, cuxa produción reflicte unha preferencia especial por crear mundos ficticios en que a presenza da realidade histórica, sobre todo da Historia recente, é determinante. Ao longo deste estudo achegarémonos a Resistencia, novela ambientada na época da ditadura salazarista portuguesa (1933-1974), para analizar o emprego do elemento “real/histórico”, é dicir, os usos da Historia e da realidade, e en que medida estes pesan sobre a trama da obra. Deste xeito, farase unha aproximación inicial á novela expoñendo os principais recursos empregados, referindo os episodios históricos narrados e aclarando os signos de historicidade presentes.Since Resistencia was published in 2002, Rosa Aneiros has become an established writer within the Galician literary system. Her production reflects a special preference for creating a fictional world where the presence of historical reality, especially recent history, is decisive. In order to analyse this “real/historical” element and its use, we are going to approach Resistencia, a novel set in the Salazarian dictatorship (1933-1974), and the extent to which this impacts on the plot of the play. Thus, a previous approach to the novel was done presenting the main used resources, recounting the historical told events and clarifying the historical sings of the novel. 


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus