Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Redefinindo o concepto de río para un novo marco socio-ecolóxico

Jesús Horacio García García

  • No país dos mil ríos a sociedade galega ten a obriga de protexer, conservar e valorar os sistemas fluviais. O dano infrinxido durante décadas aos nosos ríos é, por desgraza, rico e diverso, polo que temos o deber ético de arranxar o dano feito. Desde algúns países cunha maior sensibilidade ecolóxica estanse poñendo en valor interesantes iniciativas que invitan a mudar o xeito de xestionar os nosos espazos fluviais. Pero é tamén preciso un cambio de paradigma como sociedade que axude a preservar estes espazos naturais tan prezados que son os ríos. Este cambio de paradigma afecta desde a propia definición de río, ata o xeito de percibir os seus riscos ou da súa funcionalidade na nosa calidade de vida.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus