Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Análise da perda de terreos agrícolas na periferia de Lugo mediante regresións loxísticas e modelos de autómatas celulares

Andrés Manuel García Lamparte, Cristina Caamaño

  • As melloras tecnolóxicas da revolución industrial, xeraron un proceso de concentración da poboación nas cidades e de perda dos vínculos coas zonas rurais que as rodean. Estas dinámicas orixinaron un decaemento da agricultura local e unha perda de terreos agrícolas en favor de usos urbanos. Tendo en conta os retos que presentan o cambio climático, a escaseza de combustibles e o aumento da poboación urbana, xéranse unha serie de incertezas sobre soberanía e seguridade alimentarias ás que cómpre dar resposta mediante o fomento da agricultura periurbana. No presente traballo estudarase a evolución dos usos agrícolas da cidade de Lugo. Para iso analizáronse os cambios dos usos do solo cruzando mapas de usos de varios anos e utilizando regresións loxísticas. Finalmente xerouse un mapa de probabilidade de urbanización para o ano 2021 mediante un modelo de autómata celular que se cruzou cun mapa de aptitude agrícola para coñecer as zonas de alta aptitude agrícola con risco de seren urbanizadas. A metodoloxía empregada permitiu identificar factores condicionantes da perda de usos agrícolas e as zonas onde desenvolver políticas de planeamento que permitan preservar os mellores terreos agrícolas da periferia de Lugo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus