Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Dixitalización do Mapa de capacidade produtiva dos solos de Galicia

  • Autores: Eduardo Corbelle Rico, David Vila García, Rafael Crecente Maseda, Francisco Díaz-Fierros Viqueira
  • Localización: Recursos rurais: revista oficial do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural ( IBADER ), ISSN-e 1885-5547, Nº. 10, 2014, págs. 35-43
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Neste traballo descríbese o proceso de preparación e posta a disposición do público da versión dixital do Mapa de Capacidade Produtiva dos Solos de Galicia, publicado orixinalmente en papel no ano 1984 baixo a dirección de Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Fernando Gil Sotres. No momento de cumprir trinta anos desde a súa publicación, este mapa constitúe aínda o único traballo de avaliación da capacidade produtiva da terra con cobertura completa do territorio de Galicia. Con todo, as limitacións derivadas do formato en papel dificultaban considerablemente o seu uso. Confiamos en que a versión dixital que presentamos permita solventar parte destes problemas e ampliar o seu coñecemento e utilización entre a comunidade científica e técnica. Ao longo do texto trátase de situar en contexto a importancia do mapa orixinal e as razóns que motivaron a súa dixitalización, explicar o proceso seguido para a preparación da versión dixital, proporcionar información básica necesaria para futuros usuarios non familiarizados coa fonte orixinal, e finalmente presentar algúns datos resumo derivados do produto obtido.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno