Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Corpus multimedia VEIGA inglés-galego de subtitulación cinematográfica

Patricia Sotelo Dios

  • Neste artigo presento un proxecto de investigación que consiste na compilación e na explotación do corpus Veiga, un corpus multimedia de subtítulos en inglés e en galego. Trátase dun proxecto en fase de desenvolvemento que pretende servir como ferramenta para o estudo e a investigación de certos aspectos relacionados coa práctica da subtitulación intralingüística en inglés e da subtitulación interlingüística do inglés cara ao galego. O Veiga, inda que forma parte do corpus paralelo CLUVI, transcende o plano textual propio dos demais subcorpus do CLUVI e permite observar os subtítulos no seu estado natural, isto é, como parte dun produto audiovisual. Amais de cuestións relacionadas coa construción do corpus e co sistema de buscas, mencionarei algunha das posibles utilidades deste corpus para a práctica, a investigación e a formación en subtitulación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus