Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Tradución e paratradución no legado de perpetradores, criminais e testemuñas: O caso de The Dark Room

  • Autores: Bárbara Álvarez Fernández
  • Localización: Viceversa: revista galega de traducción, ISSN-e 1989-2853, ISSN 1135-8920, Nº. 19-20, 2013-2014, págs. 155-177
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      No noso traballo estudaremos a incorporación de The Dark Room (Seiffert, 2001) ao mercado español, El cuarto oscuro (RBA, 2003) e portugués, A Câmara Escura (Quetzal, 2001); unha colección de tres relatos onde se presenta o acontecido tras a Segunda Guerra Mundial dende a experiencia dos culpables. Trátase dunha integración complexa, xa que a vitimización de Alemaña segue a ser un tabú, e as obras que enfrontan o problemático status dos perpetradores, criminais e testemuñas son escasas e recentes.

      Dende a nosa concepción de tradución como actividade social, analizaremos as decisións do tradutor español e da tradutora portuguesa, pero tamén dos demais axentes paratradutores (Garrido Vilariño, 2004, p. 35) que interveñen no proceso tradutivo —editoras, iniciadores, mecenas, etc.— e dos lectores finais.

      Todos eles partícipes da cultura dominante, que determinará a súa maneira de entender a tradución e a obra. Así, o tratamento da carga ideolóxica do orixinal tamén reflectirá unha ideoloxía occidental compartida ou allea. Finalmente, demostraremos como o sexo de quen traduce é relevante á hora de empregar ou rexeitar unha linguaxe sexista, mais non tanto como a ideoloxía ou a conciencia de cada quen.

    • English

      In our work we will study the incorporation of The Dark Room (Seiffert, 2001) into the Spanish and Portuguese markets, El cuarto oscuro (RBA, 2003) and A Câmara Escura (Quetzal, 2001); three short stories that present the events after World War II from the experience of the culprits.

      It is a complex integration since the victimisation of Germany remains a taboo, and the works that confront the problematic status of the perpetrators, criminals and witnesses are scarce and recent.

      Based on our understanding of translation as a social activity, we will analyse the decisions of the Spanish male and Portuguese female translators, but also of the paratranslators (Garrido Vilariño, 2004, p. 35) that take part in the process —editors, initiators, patrons, etc.— together with the final reader. All of them participate in the dominant culture, which will determine the way they understand translation and this particular work. Thus, the treatment received by the original ideological onus will reflect a shared or extraneous western ideology. Finally, we will show how the sex of the translator is relevant to the employment or refusal of a sexist language, although not as much as ideology or consciousness.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno