Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Canción do sur, ou como Disney transformou ao tío Remus no tío Tom

María Míguez López

  • Na nómina de películas de Disney hai unha que chama especialmente a atención: Canción do Sur, que a compañía ten prohibida por racista. Esta adaptou os libros de Joel Chandler Harris nos que un escravo, o tío Remus, lle conta ao fillo da súa ama unhas fábulas animadas. O protagonista destas é Brer Rabbit, mito entre a poboación negra, a cal tiraba ensinanzas deste coello avezado que por medio do enxeño vence aos seus inimigos. Porén, na adaptación ao cinema, Remus, que nos libros goza dunha posición privilexiada na plantación e incluso ostenta certa autoridade, é un home dócil e sumiso, que só busca a felicidade dos seus patróns, e as fábulas dos animais aparecen despoxadas desa lectura subversiva.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus