Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O impacto das promocións de vendas na difusión e a cota de mercado da prensa diaria en Galicia

  • Autores: Valentín Alejandro Martínez Fernández, Óscar Juanatey Boga, Juan Carlos Rodríguez Sánchez, Javier Orosa González
  • Localización: Estudos de comunicación, ISSN 1885-6632, Nº. 3-4, 2005 (Ejemplar dedicado a: A formación audiovisual en galicia), págs. 129-146
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      A intensificación da competencia converteuse nunha das principais características da maioría dos mercados, especialmente daqueles en que se comercializan produtos de gran consumo e entre os cales debe contemplarse a prensa diaria. Desta maneira, as estratexias competitivas móstranse ás empresas como instrumentos idóneos para acadar unha posición de vantaxe respecto aos seus competidores. Estratexias que, na maioría dos casos, se deseñan e implementan a través de técnicas de márketing-mix.

      De aí que, nos plans de comunicación comercial das empresas, a promoción de vendas destaque como un dos elementos máis importantes e eficaces para lograr sensibles incrementos da cota de mercado no horizonte do curto prazo.

      Nos últimos dez anos, as empresas periodísticas españolas conseguiron incrementar as súas cifras de difusión en virtude dos resultados de vendas de exemplares, grazas á utilización de técnicas de promoción de vendas, fundamentalmente aquelas consistentes en ofrecer produtos complementarios xunto cos respectivos exemplares dos seus xornais. Este traballo trata de analizar o efecto desas promocións na difusión da prensa diaria en Galicia, así como o seu impacto nas cotas de mercado das cabeceiras.

    • English

      The intensification of competition has become one of the main characteristics of most markets, especially those where massive consumption products –like daily press– are sold. That is why competitive strategies, such as selling promotion, are crucial for companies to gain strenght. For the last ten years, Spanish journalistic companies have been increasing their readership figures thanks to selling promotion techniques like the introduction of complementary products to be distributed together with the newspaper. This text attempts to analyse the effects those promotions had in the market shares of Galician daily press.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno