Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A cultura galega no xornalismo escrito

Montse Calvo, Xosé López García

  • A análise da cultura galega no xornalismo galego impreso pasa por precisar unha serie de ideas. O primeiro que se constatou foi a homoxeneización de temas e a inexistencia dunha maneira alternativa de facer xornalismo que leva a unha reproducción dos modelos do poder.

    Ademais, a carencia de de dinamismo no xornalismo na comunidade galega obsérvase, sobre todo, na repetición de temas e na frecuencia coa que aparecen informacións relativas á literatura, ó teatro, á música ou ás exposicións de carácter diverso, como asuntos reiterativos.

    A cultura para ser difundida e recibida por un público amplo, heteroxéneo e disperso ten que paga-lo prezo de ser “folclorizada”, convertida en espectáculo, en crónica rosa ou, sinxelamente, en farándula. Conclúese, deste xeito, que a cultura na retagarda da oferta informativa e que o déficit, fronte ó que se poida pensar, non é de producción, senón de reproducción cultural.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus