Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de MTV ou cando a masaxe é a mensaxe

José María Besteiro

  • Partindo do aforismo de MacLuhan segundo o cal a mensaxe é a mensaxe, o artigo analiza a forma e o fondo da canle musical americana MTV, creada nos anos 80. A MTV pode ser cualificada como un xénero novo que racha co estatismo da televisión anterior, coas pegadas da escrita no medio, para inaugurar unha nova linguaxe, que acelera a montaxe, move a cámara, revoluciona o grafismo e altera os tempos de programación. A influencia da MTV na televisión pode ser comparada co que supuxo o cubismo para a pintura ou o simbolismo para a literatura. A MTV supón, ademais, o paso da televisión/fiestra á televisión/espello, que, en certa medida, lle dá a razón a Warhol cando anunciaba os 15 minutos de fama para cada cidadán.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus