Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


As eleccións autonómicas 2001 na radio en Galicia

  • Autores: Xosé Ramón Pousa Estévez
  • Localización: Estudios de comunicación, ISSN 1578-4916, Nº. 1, 2002, págs. 19-25
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • A celebración dos comicios a distintos ámbitos suscita un grande interese da opinión pública do que os medios de comunicación non poden ficar alleos. O seguimento informativo das eleccións do 21 de outubro de 2001 ó Parlamento de Galicia xustificou a posta en marcha nas emisoras convencionais do sistema radiofónico galego dunha programación especial que se desenvolveu ó longo das dúas semanas de campaña electoral. A presente investigación describe e analiza os horarios, o equipo humano e técnico, os espacios electorais e os programas especiais postos en marcha pola Radio Galega, Radio Nacional de España, Cadena Ser, Cadena Cope e Onda Cero Radio durante eses días. O artigo pon de manifesto que tódalas emisoras de ámbito estatal, tanto públicas como comerciais, incrementaron minimamente a súa ventá de emisión local, dando lugar a programas informativos especiais para o circuíto galego. Paralelamente, estas informacións tiveron unha maior presencia en tódolos grandes informativos nacionais. As poucas emisoras que ofrecen unha programación realizada exclusivamente dende e para Galicia tamén reforzaron os seus espacios informativos con seccións dedicadas á convocatoria electoral, emitindo programas especiais para o seguimento da campaña e dos resultados electoriais.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno