Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Un intenso pero escaso século de cine

Miguel Anxo Fernández

  • O cine colonizou Galicia ó pouco de nacer como invento. De feito foi aquí onde se filmou a primeira película de España con cámara Lumière cando José Sellier fixo "El entierro del general Sánchez Bregua" en xuño de 1897. Pero da mesma maneira que tivo unha ampla e intensa actividade cinematográfica en case tódalas frontes da industria (actores, filmadores, distribuidores e exhibidores, basicamente), a súa condición de país diferenciado non se viu correspondida polo cine ata moi tarde, de xeito que aínda se anotan moitos reparos á hora de falar dun cine propio e normalizado sobre a base inescusable da lingua. Por iso a intensidade da relación entre Galicia e o cine non pode ser considerada aínda como plena.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus