O impacto das especies invasoras foi crecente ao longo das últimas décadas, causando importantes efectos ambientais, económicos e sanitarios. Neste traballo faise unha revisión da problemática asociada a estes organismos, prestando especial atención aos cambios que se foron producindo nos centros de interese na investigación. Segundo o proxecto DAISIE (Delivering Alien Invasive Species Inventories for Europe) da Comisión Europea, actualmente hai máis de 12000 especies non nativas rexistradas en Europa, o que informa sobre a relevancia deste tema, e pon de manifesto a necesidade dunha colaboración internacional e un enfoque multidisciplinar para mellorar a xestión destes organismos.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados