Neste traballo apórtase información sobre a distribución e demografía de varios núcleos poboacionais de Succisa pinnatifida Lange, localizados todos eles no concello de A Pobra do Caramiñal (A Coruña). No seu conxunto, constitúen a poboación de maior tamaño coñecida ata o momento en Galicia, con un total de 6676 individuos. Durante o traballo de campo puidose constatar que a especie se encontra mellor representada naquelas zonas submetidas ás rozas periódicas que se levan a termo baixo as liñas de alta tensión, polo que se recomenda manter este método de curta que claramente beneficia á planta.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados