Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Taxas de natalidade e mortaldade, división do traballo e distribución do tempo por xénero no modelo de crecemento de solow

    1. [1] Universidad Ritsumeikan del Pacífico Asiático
  • Localización: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, ISSN-e 2255-5951, ISSN 1132-2799, Vol. 24, Nº. 1, 2015, págs. 121-140
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O obxectivo deste traballo é o de incorporar o modelo de crecemento endóxeno da poboación no modelo de crecemento dun sector de Solow. O estudo propón unha interdependencia dinámica entre a taxa de natalidade, a taxa de mortaldade, a poboación, a acumulación da riqueza, e a distribución do tempo entre traballo, lecer e coidado dos fillos. O aspecto da produción e acumulación de riqueza constrúese co modelo de crecemento de Solow. Baseamos o noso modelo de dinámica poboacional no modelo poboacional de Haavelmo e o modelo de elección de fecundidade de Barro-Becker.

      Resumimos estas forzas dinámicas nun marco compacto, mediante a función de utilidade proposta por Zhang. O modelo describe unha interdependencia dinámica entre cambios da poboación, acumulación de riqueza, división de traballo e a distribución do tempo por xénero entre o traballo, o lecer e o coidado dos fillos. Simulamos o modelo para probar a existencia de puntos de equilibrio e movemento do sistema dinámico. Tamén examinamos os efectos dos cambios nos efectos de cambio na tendencia a ter descendencia, a tendencia ao aforro, a tendencia das mulleres a perseguir actividades de lecer, o capital humano das mulleres e a implicación emocional dos homes no coidado dos fillos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno