Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O impacto da xestión do coñecemento na innovación tecnolóxica

    1. [1] Querétaro, Mexico
  • Localización: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, ISSN-e 2255-5951, ISSN 1132-2799, Vol. 24, Nº. 1, 2015, págs. 79-90
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A necesidade de xestionar o coñecemento xurdiu como unha imperiosa necesidade da globalización. Pódese analizar como a culminación do proceso de modernidade, e que formulou un progreso indefinido como meta, que trouxo consecuencias duradeiras como o coñecemento, e indesexables como a exclusión e a división social. O termo desenvolvemento local é un termo relativamente novo que xurdiu en Europa en contraposición á globalización. O desenvolvemento é favorecido polas innovacións, ao axudar aos individuos a aumentar as súas capacidades, oportunidades e favorecer ao desenvolvemento local (López, 1998, citado en Formichela http://www.fidamerica.cl). Esta investigación ten como variables a xestión do coñecemento e os proxectos de investigación. O obxectivo central é avaliar o impacto dos centros de desenvolvemento tecnolóxico de Querétaro na xestión do coñecemento de proxectos de tecnoloxía, así como a contribución dos investigadores neste impacto. A relevancia e pertinencia desta investigación comeza nas tendencias internacionais de investigación que estableceron directrices de impacto na sociedade a través de organizacións nacionais e internacionais como: O grupo do Banco Mundial que se centra no desenvolvemento social; o Consello Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (CONACYT) e Institucións de Educación Superior, entre outros.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno