Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Microfinanzas, o futuro pasa pola banca comercial

    1. [1] Universidad de Valladolid

      Universidad de Valladolid

      Valladolid, España

  • Localización: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, ISSN-e 2255-5951, ISSN 1132-2799, Vol. 24, Nº. 1, 2015, págs. 35-48
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • As microfinanzas, dende os seus inicios na segunda metade do século XX, percorreron un longo camiño para chegar a converterse no sistema financeiro dos máis necesitados, dos pobres, tanto nos países máis pobres como nas nacións prósperas. A través dos diversos servizos que ofrecen, especialmente os microcréditos, fixeron posible unha saída da pobreza a un gran número dos máis necesitados e o acceso a obxectivos antes imposibles de acadar como a educación dos fillos, a sanidade, a seguridade social e un mellor futuro fóra do círculo vicioso da pobreza. Na actualidade, as características dos factores que configuraron as primeiras entidades microfinanceiras cambiaron. O financiamento, que se apoiaba nunha primeira etapa nas subvencións dos organismos financeiros internacionais ou dos gobernos, están evolucionando cara a un financiamento propio sustentado polos beneficios e os aforros dos clientes. Os pobres resultaron ser extraordinarios clientes tanto por ser cumpridores cos seus compromisos, como por ter disciplina de aforro, especialmente as mulleres, que son o grupo máis numeroso e responsable dos microcréditos. Neste contexto, as microfinanzas aparecen como un subsector rendible e, consecuentemente, a banca comercial con financiamento propio e capacidade de expansión, viu nesta contorna unha posibilidade de ampliar o seu negocio, desembarcando con toda a súa capacidade financeira. Neste momento estanse desenvolvendo movementos de intervención da banca comercial en todos os mercados das microfinanzas. O futuro parécenos claro, outro problema son os obxectivos. Para as microfinanzas clásicas, un dos valores que implicaban rendibilidade, era o apoio para rachar co círculo vicioso da pobreza. Hai unha forte dúbida sobre se a banca comercial tamén o considera un valor contable.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno