Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A declinatoria de xurisdicción como recurso dilatorio no proceso mediador

Ernesto Vázquez-Rey

  • A Lei 5/2012, do 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís, introduciu na súa Disposición adicional terceira unha modificación da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, en diante, LAC posibilitando, ao noso xuízo, comportamentos dilatorios ou fraudulentos na vida da institución mediadora. Así, é paradigmático o mandado do artigo 65.2 da LAC, no que se sinala que o tribunal actúe igual que se entendera que carece de xurisdición ao estimar unha declinatoria fundada no sometemento do asunto a arbitraxe ou a mediación. Ademais, a imposibilidade de aplicación do artigo 247 da LAC, polo mero feito de interpoñer unha demanda sobre un asunto sometido a mediación, pode acabar por posibilitar un uso da declinatoria de xurisdición, como un recurso dilatorio no procedemento mediador.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus