Empregando algúns libros de texto dos anos 60 e 70 analízanse as conexións empregadas na Matemática do Bacharelato nese período. Esta análise per-mite comparar os tipos de conexións en cada unha das décadas entre si e en relación co uso actual do coñecemento non matemático nas aulas de mate-máticas. A análise realizada é de utilidade para visualizar que tipos de ele-mentos da sociedade se recollen nos libros de cada período nas conexións matemáticas e para estudar os cambios que se produciron nos contidos ma-temáticos e na sociedade. Esta análise pon en cuestión a crenza no carácter independente dos textos de Matemáticas respecto da propia sociedade. Polo intervalo seleccionado podemos ver exemplos de como a ditadura existente durante o primeiro período analizado, a matemática moderna e os cambios sociais do período preconstitucional reflíctense en conexións matemáticas incorporadas aos textos educativos deses anos
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados