Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Análise do ciclo electoral 2014 en Uruguai e dos erros das enquisadoras

  • Autores: Gerardo Caetano, Lucía Selios
  • Localización: Tempo exterior, ISSN 1579-6582, Nº. 30, 2015, págs. 79-107
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • As tres instancias do ciclo electoral uruguaio cumpridas en 2014 –internas partidarias, eleccións parlamentarias e primeira e segunda volta presidencial – deixaron un conxunto amplo de interpelacións para os investigadores da política. Ao forte fracaso das empresas enquisadoras veuse a sumar un debate público e unha campaña electoral centrados no que moitos cualificaron como unha “realidade virtual”, cun forte menoscabo das oportunidades electorais da esquerda no goberno e unha elevada estimación das posibilidades de alternancia por parte dos partidos da oposición. Os desaxustes entre os rexistros de opinión pública e os comportamentos cidadáns efectivos eleváronse e proxectáronse en múltiples escenarios. O presente estudo apunta á análise das traxectorias da campaña baixo eses prismas de análise, na procura de ilustrar a hipótese de que, mais aló da forte estabilidade do caudal de votos obtido polos distintos partidos, o que ocorreu no proceso político durante 2014 tende a confirmar os indicios establecidos de que a democracia uruguaia está mutando e que eses cambios verifícanse sobre todo no campo mais específico da cidadanía.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno