Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Polo camiño, polo camiño adiante e camiño adiante, tres fórmulas do locativo por onde en galego

    1. [1] IES Pazo da Mercé
  • Localización: Estudos de lingüística galega, ISSN 1889-2566, Nº. 7, 2015, págs. 19-32
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Este artigo propón unha análise do funcionamento das construcións tipo camiño adiante, isto é, a xuntanza dun substantivo e dun adverbio para indicar lugar por onde. Esta fórmula concorre, en desvantaxe no uso, con outras estruturas para expresar a dita indicación locativa, de maneira que para coñecer e entender ofuncionamento da primeira debemos ter unha visión en contraste coas outras. Para desenvolver esta investigación baseámonos nun traballo de análise de corpus con rexistros extraídos de producións lingüísticas reais tiradas do Tesouro Informático da Lingua Galega. A visión contrastiva levounos a percibir que as diferentes opcións funcionan como un contínuum que ten os seus estremos na construción con preposición por (polo camiño) —presentándose esta como a fórmula non marcada para indicar lugar por onde— e o acusativo locativo (dentro do esquema argumental de verbos de movemento transitivos, colleu o camiño). Nos estadios intermedios encontraríase a estrutura que é o obxecto do noso estudo e unha intermedia coa que comparte moitos aspectos do seu funcionamento: polo camiño adiante. Aínda encadrándose nun contínuum construtivo, ou xustamente por poderen ser explicadas deste modo, cada unha das alternativas das que dispón a falante conta coas súas especificidades construtivas e tampouco son absolutamente equivalentes a respecto da información que transmiten.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno