Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Comedores ecolóxicos escolares

Beatriz Ferreira Varela

  • A EIM A Caracola forma parte da rede de escolas infantís municipais (EIM) do concello de A Coruña. O centro alberga 82 alumnos dos que 62 “participan” no comedor. Dicimos “participan” porque consideramos que os nenos non só veñen comer, queremos que gocen co feito de descubrir que lles ten preparado a nosa cociñeira, con novas presentacións ou con quen comparten mesa. Desde os pequenos lactantes, que poden participar do pracer de comer autonomamente, sen purés e sen a culler do profesor, aos máis maiores que xa saben elixir ou preparar o seu prato eles sos. O proxecto do comedor ecolóxico da Caracola xorde do interese por impulsar unha alimentación sa e variada entre os cativos da escola. Son nenos e nenas de entre 7 meses e 3 anos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus