Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Perspectivas da relación bilateral na loita antidrogas e outros delitos conexos entre Cuba e EUA na Administración Obama

Alejandro L. Perdomo Aguilera

  • O autor analiza as posibilidades e perspectivas da relación bilateral entre os gobernos de Cuba e de Estados Unidos durante a Administración de Barack Obama nas temáticas de seguridade.

    Nese sentido, faise énfase na loita contra o tráfico ilegal de drogas (TID) e os seus delitos conexos; contrastando as condicionantes bilaterais co escenario rexional e mundial do flaxelo das drogas. Valóranse as accións do goberno cubano para desenvolver un enfrontamento e prevención responsable contra os fluxos ilícitos transnacionais. Ademais, faise un diagnóstico dos principais problemas dese flaxelo no contexto interamericano, ponderando as súas implicacións e responsabilidades para a colaboración internacional e bilateral de ambos países. Finalmente, identifícanse os principais retos e as oportunidades fundamentais que conlevarían unha cooperación sistemática e factible entre ambos gobernos, tanto para os intereses de seguridade bilateral como para a súa interrelación coas Américas


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus