Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A Unión Europea e Cuba: certezas e incertezas do camiño á normalidade

Eduardo Perera Gómez

  • Despois de 25 anos de altibaixos, a Unión Europea e Cuba apréstanse a negociar a normalización das súas relacións pola vía dun acordo de diálogo político e cooperación. As razóns que explican que un instrumento desta natureza non se puidera concretar ata o presente sinalando a Cuba como unha excepción en América Latina son varias. O autor analiza a natureza dos actores implicados, a influencia de actores externos e dos contextos rexional e birrexional, centrándose na evolución dos vínculos UE-Cuba durante o período máis recente (2008-2014) e aborda unha estimación das expectativas que se abren a partir da reconsideración feita por Bruxelas. Aínda que a historia dos vínculos UE-Cuba deixa pouca marxe para un optimismo desmedido, o autor deixa espazo para albiscar un resultado positivo do proceso en curso, que sería un punto a favor da política exterior cubana e un sinal de superación dos múltiples desacertos da proxección internacional da UE.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus