Unha década despois da guerra de Iraq, a espiral de violencia sectaria que vive dende entón este país árabe confirma a falacia das promesas de “paz” e “democracia” vertidas polo ex presidente George W. Bush e os seus aliados trala invasión iniciada en marzo de 2003. O legado desta guerra sinala unha ruptura da legalidade internacional, a avaricia polo control dos seus recursos enerxéticos, os interminables abusos e violacións de dereitos humanos e unha inestabilidade sectaria que ameaza con retrotraer Iraq á “Idade de Pedra”, tal e como argumentou en 1991 o entón Secretario de Estado de EUA, James Baker. O Iraq post-Sadam evidencia incluso un inesperado reforzamento da posición xeopolítica de Irán neste país árabe, unha consecuencia obviamente inesperada para os intereses de Washington.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados