Tralo golpe parlamentario realizado contra o ex presidente Fernando Lugo en xuño de 2012, o goberno paraguaio de feito presidido por Federico Franco utilizou de forma reiterada a retórica nacionalista presente na historia paraguaia do século XIX e principios do XX, a fin de “distraer á poboación en xeral e aos observadores internacionais do que era realmente o problema: a reforma da propiedade da terra”.
Deste modo, o goberno de Franco manipulou á opinión pública paraguaia cunha constante “vitimización” do seu país ante o que descualificou como “unha interferencia internacional na súa política interna”, especialmente por parte do eixe MERCOSUR e Venezuela
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados