Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Aproximación ao estudo dos fraseoloxismos acromáticos con corpus: "en negro" e os seus equivalentes de tradución ao ruso

Gloria Corpas Pastor, Anastasia Kovaleva

  • O presente traballo céntrase nun aspecto moi pouco investigado no ámbito da fraseoloxía contrastiva. Preséntanse os resultados dun estudo sobre fraseoloxismos acromáticos (unidades fraseolóxicas con blanco ou negro entre os seus compoñentes) no par de linguas español-ruso. Pártese da locución española en negro e os seus equivalentes de tradución ao ruso. O español amósase máis rico con respecto ao número de acepcións fraseolóxicas da unidade e o número de locucións e colocacións asociadas en concreto á acepción de ilegalidade/irregularidade. Ademais, as unidades fraseolóxicas españolas presentan unha maior polisemia e variabilidade. O ruso, en cambio, amósase máis parco e limitado. A abundancia de datos que se obteñen mediante a consulta a córpora e sistemas en liña presenta un gran contraste coa escaseza de información que achegan os dicionarios. De feito, os repertorios bilingües non resultan ser recursos demasiado útiles, no tipo de información microestructural e os equivalentes de tradución que proporcionan. As autoras propoñen utilizar córpora comparables e paralelos para realizar análises contrastivas baseadas en datos reais de uso e poder descubrir as técnicas e estratexias relevantes de tradució


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus