O 18 de setembro de 2014, e no seguimento dunha campaña intensa, os escoceses votaron “Non” no referendo sobre a independencia de Escocia. Por unha marxe de 55,3% contra 44,7% - e baixo momentos de grandes incertezas e dúbidas - os escoceses decidiron permanecer dentro do Reino Unido. Rematado o debate político sobre a independencia de Escocia, neste artigo retrátase a evolución do proceso político durante a campaña electoral, a fin de comprender o sentido do voto, incidindo en cinco aspectos: a identificación das mensaxes políticas das dúas campañas electorais; as estratexias de comunicación de cada unha delas; o momento de inflexión da campaña electoral; e a identificación do perfil de cada votante. Finalmente, identífícanse os principais desafíos políticos que actualmente competen a Escocia e ao Reino Unido
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados