A crise financeira que estalou en 2007 en Estados Unidos e que se propagou a nivel mundial puxo en voga a imperante necesidade dunha reforma profunda, entre outras, dos sistemas monetario e financeiro internacional. Este ensaio aborda, en primeiro lugar, un resumo cronolóxico dos antecedentes mais relevantes ata achegarse á situación de desequilibrio actual.
En segundo lugar, marcando como punto de inflexión a crise financeira global a partir de 2007, debulla algunhas alternativas que se propuxeron así como nos principais pasos que se deron ata agora e que poderían estar apuntando cara unha transición incipiente do SMI, centrando especialmente a atención nos países que protagonizan o desequilibrio: EUA e China
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados