Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Linguaxe, pensamento, elaboración de artefactos e socialización na subtribo hominina

Alfredo Iglesias Diéguez

  • galego

    Tradicionalmente buscouse o xurdimento das actividades psíquicas humanas (linguaxe, intelixencia, capacidade para elaborar artefactos, etc.) nas singularidades da alma ou nas interioridades do seu organismo, o que facilitaba a explicación do xurdimento da actividade consciente como un feito singular do xénero Homo. Sen embargo, en tanto que os hominoideos son seres sociais e presentan evidencias dunha certa actividade psíquica superior, debemos buscar as raíces do xurdimento desa actividade psíquica na evolución conxunta dos homininos co seu medio, o que determinou a súa diversificación e dispersión de acordo coa interacción coherente entre os diferentes niveis de acción (o nivel da intervención, o da percepción e o da representación). Neste artigo, deféndese que a linguaxe e o pensamento, en tanto que sistemas de representación da natureza, así como a elaboración de artefactos, en tanto que é un modo de intervención na natureza determinado polos sistemas de representación, son producto do traballo propio de cada especie

  • English

    The origine of human psiquic activities (language, intelligence, capability to maje artefacts, etc.) has traditionally been looked for either in human soul singularities or inside it. There was also the explanation of the origine of the conscious activity as a singular fact of the homo gender. Nevertheless, as hominids are social beings and they show evidence of some superior psiquic activity, we must look for the roots of this psiquic activity in the common evolution of hominids and their habitat, since this was what determined their diversification and dispersion according to the coherent interaction among the different levels of action (level of intervention, level of perception and level of representation). In this article we claim that language and thought, as systems to represent nature, and the elaboration of artefacts, as a way to interfere in nature determined by the systems of representation, are the product of the own work of each species


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus