Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Evolución histórica do concepto de equivalencia en Tradutoloxía

María Magdalena Vila Barbosa

  • http://dx.doi.org/10.5007/2175-7968.2012v1n29p11No presente traballo realizaremos un breve percorrido histórico polas diversas definicións e empregos dun concepto que remite ao revesgado problema hermenéutico da relación entre o texto de partida e o de chegada. Desde Roman Jakobson, primeiro teórico da linguaxe que trata da equivalencia en tradución, ata achegas máis radicais que pretenden desprazar a noción de equivalencia, pretendemos revisar as distintas concepcións de equivalencia de cada autor. Desde un sentido matemático que presupón intercambiábeis e simétricos os textos ou unidades ás que adscribe unha equivalencia, ata unha concepción dinámica que define a relación entre tradución e texto orixinal como un vencello cambiante onde hai lugar para a diferenza, a manipulación, a ideoloxía e a visibilidade, cuestionaremos toda a terminoloxía que circunda a idea de equivalencia: similitude, analoxía, congruencia e adecuación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus