Entrados no século XXI logo dos fastos xacobeos, cómpre un alto no camiño para facer balanzo. Vén a conto invocar o título 1 da lei do 96 de protección dos camiños a Compostela e a súa definición como �ben de interese cultural�. Catro palabras que valen o seu peso en ouro, tanto máis se somos quen de as facer extensíbeis ao conxunto da camiñaría histórica do país. Andado o tempo, semella pouco axeitado ter incorporado a peregrina cualificación de �ruta principal� para o que se deu en chamar coa imprecisa etiquetaxe de �Camiño Francés�, deixando en evidencia unha norma pensada ad hoc para dito itinerario conforme cos privilexios exclusivos desta vía mesetaria potenciada de xeito omnímodo polo poder político no seu afán expansionista.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados