Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de III Encontro Galego de Custodia do Territorio

Asociación Galega de Custodia do Territorio

  • O III Encontro Galego de Custodia do Territorio deseñouse coma un espazo para a aprendizaxe e o fortalecemento das entidades galegas que empregan a custodia do territorio como ferramenta de conservación da natureza e a paisaxe. Contou coa participación de profesionais dos sectores forestal, agrario e xurídico que analizaron distintos aspectos relativos á conservación do patrimonio natural e paisaxístico a través da custodia do territorio. Así mesmo, estiveron presentes expertos en Custodia do Territorio de ámbito estatal. O Encontro tivo lugar no Centro de Conservación e Estudo da Natureza Casa das Insuas de Rábade, os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus