Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Del temblor e Un pensador. Apuntes: estudio crítico de dous manuscritos de María Zambrano

María Aránzazu Serantes López

  • O presente estudo naceu como froito da investigación que estou a desenrolar na miña tese de doutoramento1 sobre a razón poética dende a visión de Rosalía de Castro e a pensadora María Zambrano, creadora dun sistema cuxa pretensión ía encamiñada cara unha reforma do entendemento, en materia filosófica. A través deste artigo, pretendo amosar a íntima conexión entre dúas autoras, que a pesar de non ser contemporáneas, nin ter comunicación entre sí, compartiron o mesmo amor polo saber, a través das suas inquedanzas metafísicas e mesmo espirituais. Os manuscritos que se presentan son Del temblor (catalogado como M210 nos arquivos da Fundación María Zambrano) e Un pensador. Apuntes (coa signatura M-142) redactado no 1974. Ningún deles foi publicado na súa versión mecanoscrita, nin analizado críticamente. De ahí o seu interese.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus