Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Empresariado inmigrante e familia en Galicia: a participación no negocio e o seu impacto na mobilidade social

  • Autores: María Villares Varela
  • Localización: Estudos migratorios: revista galega de análise das migracións, ISSN 1889-9609, Vol. 3, Nº. 2, 2010 (Ejemplar dedicado a: Inmigración en Galicia), págs. 115-141
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • Immigrant entrepreneurs and family in Galicia: participation in the business and its impact on social mobiliity
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Este artigo analiza as estratexias de participación da familia como capital social na empresa e o seu impacto na mobilidades social a través das narracións de emprendedores inmigrantes en Galicia. A intersección entre negocio e familia foi un elemento central no marco da literatura sobre o empresariado inmigrante. A produción científica amósanos como, en ocasións, "empresariado inmigrante" é un termo case sinónimo de empresariado familiar. A intersección entre familia e negocio xera estratexias empresariais en que o negocio é percibido como vía para a mobilidade social a través del ou ben como unha vía para a mobilidades dos membros da familia fora do negocio. A participación ou exclusión dos diferentes membros da familia son exploradas tanto no plano produtivo como no reprodutivo na unidade familiar, así como o impacto desta intersección nas traxectorias de mobilidade social dos diferentes membros. Estas narracións foron obtidas a través de 74 entrevistas en profundidade semiestruturadas a inmigrantes emprendedores retornados e estranxeiros en Galicia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno