Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O servizo doméstico do avellentamento

Raquel Martínez Buján

  • O servizo doméstico converteuse na principal vía de entrada ao mercado laboral das mulleres inmigrantes en Galicia. Porén, novos procesos sociais e demográficos, tales como o avellentamento da poboación e a inserción da muller nativa ao mercado laboral, mudaron as pautas de emprego das traballadoras nos fogares. Se ben nun principio a principal tarefa demandada foi a limpeza do fogar, na actualidade obsérvase unha tendencia para solicitar tarefas relacionadas coa asistencia e o coidado das persoas maiores. O aumento da poboación maior de 65 anos, a ausencia dunha protección social axeitada e as demandas profesionais da poboación nativa feminina deixaron un oco laboral que está a cubrirse mediante a contratación de asistentas a través do tradicional servizo doméstico.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus