Na primeira parte do traballo, exemplifícase a intervención señorial para cambia-lo nome dalgunhas localidades, un feito que non era insólito na Idade Media. A seguir, enuméranse as causas máis frecuentes da retoponimización, con especial atención ós motivos estéticos e as denominacións ofensivas, que foron causa de que catro parroquias galegas (Malos, Perros e Cas) perdesen os seu antigo nome e pasasen a denominarse Os Ánxeles. Como queira que tal cambio denominativo se produciu no séc. XVI, pouco despois da clausura do concilio de Trento, o autor defende a hipótese de que foi promovido polos bispos das respectivas dioceses, movidos polo espírito reformador da administración eclesiástica xurdido tralo concilio tridentino. Unha revisión dos documentos do Arquivo da Catedral de Santiago (ACS) e do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago (AHUS) confirma a hipótese nos catro casos estudados
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados