Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Os códigos lingüísticos da rede e a paisaxe lingüística galega

  • Autores: Estefanía Mosquera-Castro, Matthew Wellings
  • Localización: Estudos de lingüística galega, ISSN 1889-2566, Nº. 6, 2014, págs. 173-197
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Neste artigo analízase a proxección social dos novos códigos lingüísticos xurdidos na esfera tecnolóxica e nomeadamente a través dos sistemas de comunicación mediatizada por computador. En particular, tenciona verificar, por unha parte, a súa presenza na linguaxe pu­blicitaria, esfera onde estas prácticas son cada vez máis habituais e, por outra, as súas repercusións na paisaxe lingüística, que manifesta unha moi alta concentra-ción de textos publicitarios e onde estes novos sistemas de escrita están a gañar cada vez maior visibilidade. Os obxectivos que se perseguen son varios: primeiramente, constatar o grao de expansión dos sistemas de escrita xerados na Rede e describirmos a súa orixe, os condicio­nantes que impulsaron a súa creación e a súa conside­ración social; en segundo lugar, demostrarmos o grande potencial destes códigos en determinados ámbitos que exceden a esfera lingüística ou comunicativa en que se xeraron, concretamente na paisaxe lingüística galega. Para alén da dicotomía entre o galego e o español e a presenza das linguas estranxeiras, xulgamos relevante in­corporarmos estes usos gráficos, pois constitúen tamén un indicador de vitalidade lingüística. Compilamos un corpus representativo de datos para nos aproximarmos deste fenómeno desde unha perspectiva cualitativa, mais tamén cuantitativa. A través de exemplos concretos examinaremos as súas manifestacións, as motivacións que están detrás do seu uso e a súa transcendencia social. Os resultados obtidos subscriben as nosas hipóteses ini­ciais e evidencian, igualmente, a necesidade de adoptar­mos enfoques multidisciplinares que reflexionen sobre as novidades lingüísticas e que, deste modo, poñan de manifesto a realidade (socio)lingüística da Galiza


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno