Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O discurso económico alternativo galego: análise dun novo marco cognitivo

  • Autores: Alba Lago Martínez
  • Localización: Estudos de lingüística galega, ISSN 1889-2566, Nº. 6, 2014, págs. 139-171
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Este traballo ten o obxectivo de analizar o discurso de varios colectivos galegos que defenden un modelo económico alternativo, oposto ao que impera na actua­lidade. Este discurso desenvólvese nun contexto de cri­se económica e política e trata de satisfacer a demanda cidadá de solucións para os problemas que se están a padecer. Un novo sistema require unha nova constru­ción ideolóxica que é elaborada e transmitida a través de prácticas discursivas innovadoras. Por este motivo abordamos a análise desde unha dobre perspectiva teórica: socio-cognitiva e retórico-construtivista. Con­sideramos este marco teórico variado, que parte das razóns polas que xorde a necesidade de novas formas de comunicación en situacións de crise como esta e continúa con referencias a cuestións de corte máis discursivo. Entre estas destacamos a concepción da linguaxe como instrumento de poder, na liña da Aná­lise Crítica do Discurso, e como creadora de realidades alternativas. Neste sentido, o discurso ten a capacidade de activar novos marcos cognitivos, mediante o uso de recursos discursivos e de figuras retóricas que configu­ran determinados esquemas conceptuais e funcionan como argumentos do texto persuasivo. Coa aplicación desta teoría mostramos como os discursos destes co­lectivos constrúen un marco de interpretación baseado en tres perspectivas: a social, a medioambiental e a lo­cal. Desde o punto de vista argumentativo, este marco oponse completamente ao capitalista e trata de impli­car a cidadanía en novos estilos de vida.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno